Ir o contido principal

Lecturas de Teatro

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega colabora na organización dunha nova edición da actividade Lecturas de Teatro, centrada este curso na lectura de fragmentos da obra Aquel neno, de Xosé Neira Vilas.

As sesións terán lugar os luns e mércores, entre as 11:30 e as 12:00 horas, e estarán coordinadas por Edita Álvarez Silva. Esta proposta pretende achegar ao alumnado á literatura galega mediante a lectura interpretada, fomentando o uso da nosa lingua e o gusto pola literatura.

Pódese consultar toda a información e o cartel da actividade premendo sobre a seguinte ligazón.

Redes sociais