Reunións informativas Erasmus+ 2026/2027
Reunións informativas Erasmus+ dirixidas ao persoal do centro
O CIFP Politécnico de Santiago organiza unha serie de reunións informativas dirixidas ao persoal do centro co obxectivo de dar a coñecer as oportunidades de mobilidade internacional que ofrece o programa Erasmus+, nas modalidades KA131-HED e KA121-VET.
📅 Consulta no cartel as datas, os horarios e os lugares de celebración das sesións informativas.
Infórmate, participa e abre as portas a novas experiencias europeas!