Recoñecemento á traxectoria de Héctor Sánchez Bellón
Héctor Sánchez Bellón, do ouro en GaliciaSkills e SpainSkills á excelencia en WorldSkills
Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar o noso alumno Héctor Sánchez Bellón polos excelentes resultados acadados nas competicións Skills, froito do seu esforzo, dedicación e compromiso:
- Medalla de ouro en GaliciaSkills
- Medalla de ouro en SpainSkills
- Medalla de excelencia en WorldSkills
Unha traxectoria extraordinaria que o levou desde o máximo recoñecemento en Galicia e España ata destacar nunha competición de ámbito mundial.
Queremos expresar o noso recoñecemento e agradecemento a Héctor polo enorme traballo realizado e por representar o noso centro ao máis alto nivel.
Fotografías: Paula Franco