A emprender tamén se aprende!
O pasado 20 de outubro, o noso alumnado participou na charla «Emprendendo en Galicia», impartida por Javier Bouzas Arufe, profesor da USC e investigador no ámbito do emprendemento en Galicia.
Unha oportunidade para coñecer a realidade de emprender na nosa contorna, reflexionar sobre as motivacións para facelo e descubrir como transformar unha idea nun proxecto de negocio real.
Porque a educación emprendedora é fundamental para espertar vocacións, estimular a curiosidade e impulsar o talento da mocidade. 🌱
Moitas grazas, Javier, por compartir os teus coñecementos e achegar o emprendemento á realidade do noso alumnado. Agardamos repetir pronto!