Ir o contido principal

Xuventude Mentoring


X edición do programa Xuventude Mentoring para mellorar a empregabilidade da mocidade titulada

Está en marcha unha nova edición de Xuventude Mentoring, un programa de formación e acompañamento dirixido a persoas mozas tituladas que ten como obxectivo facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e mellorar as súas competencias para a procura de emprego.

O programa combina o acompañamento de persoas mentoras con experiencia profesional, actividades formativas, asistencia a eventos e visitas a empresas, accións de networking e asesoramento continuado.

Poden participar persoas de entre 18 e 30 anos que teñan rematados estudos universitarios, de Formación Profesional ou estudos superiores de ensinanzas de réxime especial e que estean inscritas e sexan beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.

Consulta toda a información sobre o programa Xuventude Mentoring  

Redes sociais