Da aula ao mundo profesional
Da aula ao mundo profesional: emprendemento en primeira persoa!
Este xoves, 22 de outubro, celebramos no CIFP Politécnico de Santiago a xornada "Fórmate para o futuro", promovida por UPTA e financiada por Fundae.
Contamos coa participación de Eduardo Abad, presidente de UPTA; Ana Isabel San José Bravo, técnica de Fundae e Jesús Diéguez , secretario de UPTA que achegaron ao alumnado as claves do autoemprego e a importancia da formación continua.
Ademais, Nicolás Quiñoy e Óscar Silva, socios de @ondamarfilms e viveiristas do noso centro; Santiago Resúa Nice, xerente de IRONOR Metalurxia e exalumno do CIFP Politécnico de Santiago; e Daniel Pampín, de @amasamebakery, compartiron con noso alumnado as súas experiencias emprendedoras.
Inspiración, aprendizaxe e referentes reais para construír o futuro profesional!
Grazas a todas as persoas participantes por achegar o emprendemento á FP.