Acollida do alumnado 2026-2027
Publicados os horarios de acollida e inicio das actividades lectivas do curso 2026–2027
Xa está dispoñible o documento co calendario de acollida do alumnado e de inicio das actividades lectivas para o curso 2026–2027. Nel recóllense os horarios de incorporación dos distintos grupos de alumnado, tanto das ensinanzas ordinarias como das modulares, da formación acelerada e dos cursos de especialización.
A sesión de acollida terá lugar no salón de actos do centro e, unha vez finalizada, cada grupo incorporarse ás súas actividades lectivas. Recoméndase ao alumnado consultar con atención o horario que lle corresponde antes de acudir ao centro. Ademais, infórmase de que o alumnado de 2.º curso de grao medio e superior iniciará as clases o 9 de setembro segundo o horario específico que se publicará na páxina web, e lémbrase que o centro non dispón de aparcadoiro para o alumnado.