Matrícula no Politécnico
Aberto o prazo de matrícula no CIFP Politécnico
O xornal La Voz de Galicia destaca nunha reportaxe o papel do CIFP Politécnico de Santiago como un dos centros de referencia da Formación Profesional na capital galega. O seu director, Nicolás Espasandín, atribúe este recoñecemento á aposta pola actualización continua da oferta formativa e do profesorado, así como á estreita colaboración co tecido empresarial.
A publicación salienta a incorporación para o vindeiro curso do novo ciclo dual de Xestión da Auga, desenvolvido en colaboración con Viaqua, así como o programa de alta especialización impulsado xunto a Finsa para o alumnado de Automoción e Robótica Industrial. A estas novidades súmanse tamén novas accións de formación acelerada orientadas a sectores con demanda de profesionais cualificados.
A reportaxe pon en valor un dos sinais de identidade do centro: a colaboración entre alumnado, familias, empresas e institucións para favorecer a empregabilidade e a adaptación da formación ás necesidades reais do mercado laboral.
Fonte: La Voz de Galicia
Texto: Sevilla Gómez
Fotografía: Paco Rodríguez