Dobre recoñecemento Innovatech FP
🏆🎉 ¡DOBRE RECOÑECEMENTO NA GALA FINAL #InnovaTechFP26! 🎉🏆
O talento, a innovación e o traballo en equipo do noso alumnado e profesorado volveron brillar con luz propia na gran final de InnovaTech FP 2026. ¡Traemos para o CIFP Politécnico de Santiago dous premios de empresas líderes nos seus sectores! 🚀💪
Queremos darlle os parabéns aos dous equipos galardoados:
🔹 PREMIO Reto Applus+
O equipo do proxecto eDualFlow desenvolveu un sistema pioneiro para a medición continua de caudais en colectores de saneamento, combinando sensores radar e visión artificial para mellorar a precisión e eficiencia da monitorización. 📡💧
• Coordinadora: Lidia Caamaño García (Dpto. de Electricidade e Electrónica).
• Alumnado: Carlos Caneda Villanueva, Enmanuel Martínez Da Silva, David Iglesias Pallas e Verónica Calviño Gamallo.
🔹 PREMIO Reto FINSA
O noso equipo foi recoñecido por unha proposta innovadora e sostible que transforma as lascas de madeira nun material de carbono reutilizable con múltiples aplicacións: filtros de auga, electrodos para baterías e mellora de solos agrícolas. 🪵🌱
• Coordinador: Jorge Prieto Carpinteiro (Dpto. de Química).
• Alumnado: Matías Temperán Fajundes, Sara García García, Manuel Santomil Sanjurjo e Adrián Bello Gil.
👏 ¡Parabéns a todas e todos! Grazas polo voso esforzo, compromiso e por demostrar a capacidade que ten a FP para dar resposta a retos reais das empresas a través da tecnoloxía.
💙 ¡Tremendamente orgullosos do talento que se forma cada día no CIFP Politécnico de Santiago!