Bolsas Aella de Iberdrola
Bolsas Aella de Iberdrola para alumnas de Electricidade e Electrónica
A Fundación Iberdrola España vén de convocar as Becas Aella 2026-2027, unha iniciativa dirixida a fomentar a presenza feminina en estudos técnicos e industriais vinculados ao ámbito enerxético e tecnolóxico.
No caso do CIFP Politécnico de Santiago, estas bolsas están destinadas a alumnas matriculadas nas seguintes ensinanzas da familia profesional de Electricidade e Electrónica:
- CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas
- CS de Mantemento Electrónico
- CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
O prazo de solicitude permanecerá aberto entre o 18 de maio e o 12 de xuño.
Toda a información sobre requisitos, documentación e procedemento de solicitude pode consultarse na páxina oficial da convocatoria: