Letras Galegas 2026
O vindeiro luns 18 de maio darán comezo no CIFP Politécnico de Santiago os actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas 2026, cunha programación que continuará tamén o venres 22 de maio coa actuación matinal de Serafín Marcos.
A primeira xornada de celebración desenvolverase no salón de actos do centro ás 10:30 e ás 18:30 horas.
A actividade principal consistirá nunha lectura teatralizada da obra Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. A ambientación musical correrá a cargo de Manuel Abalo.
Na sesión da tarde participará tamén o coro Harmonia Stellae, que interpretará un programa integrado por Resoa no Carballiño, Segredo, Catro vellos mariñeiros, Negra sombra e Balaio, nun percorrido musical pola tradición popular e pola creación coral galega e lusófona.
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel da xornada.