III Semana de Portas Abertas (6 ao 10 de febreiro de 2017)
III Semana de Portas Abertas (6 ao 10 de febreiro de 2017) | |
|---|---|
![]() | Dende o CIFP Politécnico de Santiago invitamos aos centros da comarca a realizar unha visita ao noso centro educativo, co fin de que o alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexa nela una alternativa máis de formación. |
Con este fin organizamos a Semana de Portas Abertas dende o 6 ao 10 de febreiro de 2017. Nesta visita ofrecerémoslle información ao alumnado sobre: · O CIFP Politécnico de Santiago. A programación prevista consta dunha pequena introdución no Salón de Actos, e a continuación unha visita guiada polas instalacións do centro para que coñezan os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen. A duración da visita é en principio sobre hora e media, ampliable ou reducible en función dos requirimentos do centro visitante. Pola mañá prevemos dúas quendas, a primeira de 9:30 a 11:15, a segunda de 11:15 a 13:00, e pola tarde unha de 16:30 a 18:15. De todos modos este horario é flexible e adaptable ás vosas necesidades. Ofrecemos tamén a posibilidade de ir ao voso centro para realizar una charla coa información sinalada anteriormente. Para solicitar a visita cubra e envíe este formulario. Para calquera outra cuestión os datos de contacto son: Teléfono CIFP Politécnico de Santiago: 981 522 062 Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas da Semana de Portas Abertas 2016. | |
