Club de Lectura: Vanguardia es una mujer

O venres, 17 de abril, celebrouse unha nova reunión do club de lectura do curso 2025–2026 na hora do descanso, dedicada á obra Vanguardia es una mujer.
A sesión centrouse na figura de Concha Méndez e no seu contexto vital e intelectual, especialmente no ambiente das vangardas das décadas de 1910 e 1920. Comentouse a súa relación con figuras clave como Luis Buñuel, Maruja Mallo, Salvador Dalí ou Federico García Lorca. Tamén se abordaron os seus primeiros pasos como creadora e a influencia de Rafael Alberti como mentor.
A conversa derivou cara ao papel das mulleres na cultura da época, facendo referencia ao Lyceum Club Femenino e ás dificultades que atopaban para seren recoñecidas nun ámbito dominado por homes. Xurdiron reflexións arredor da invisibilización das mulleres na historiografía literaria e artística, así como sobre a reivindicación do termo “poeta” fronte a “poetisa”. Neste sentido, comentáronse exemplos como os de Ángeles Santos ou Carmen Conde, así como testemuños que evidencian os prexuízos e limitacións sociais do momento.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 22 de maio, tamén na hora do descanso. Nela trataremos a obra Rosalía oculta, de Paula Mayor.