Ir o contido principal

Día das mulleres


💜 Referentes femininos que inspiran á nosa FP | 8M

Con motivo do Día Internacional das Mulleres, no CIFP Politécnico de Santiago impartimos o pasado venres unha charla na que o noso alumnado puido coñecer de primeira man a experiencia de tres profesionais que desenvolven a súa carreira en sectores vinculados ás nosas familias profesionais.

Contamos coa participación de:
🔹 Silvia Chaves Freire, xerente de Transportes y Maderas Chaves, S.L. e presidenta de VIEIROS, Unidade Galega de Transportistas.
🔹 Rebeca Gómez Castro, do Departamento Industrial e Comercial de METALUX (Delegación de A Coruña).
🔹 Cristina Buceta Montero, técnica de investigación na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).

Un encontro para visibilizar o talento feminino na industria, na investigación e no emprendemento, e para seguir avanzando cara a unha FP máis igualitaria.

Nas imaxes tamén podedes ver a exposición situada no hall do centro, con traballos realizados polo noso alumnado con motivo do 8M.

Redes sociais