Reunións Erasmus +
Dende a Coordinación de Programas Internacionais infórmase que, co obxectivo de facilitar a asistencia ao alumnado que decida secundar a folga convocada para o mércores 15 de outubro, terán lugar sendas reunións informativas adicionais o venres 17 de outubro, durante os descansos da mañá e da tarde.
Están dirixidas ao alumnado de 2º curso interesado en realizar as súas prácticas en Europa con subvención Erasmus+.