Ir o contido principal

Mércores Literarios


Lecturas de Teatro nos Mércores Literarios

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza unha nova actividade titulada Mércores Literarios, centrada este curso nas lecturas dramatizadas de fragmentos do libro Don Hamlet e outras pezas. Teatro galego completo (1932-1968), de Álvaro Cunqueiro.

As sesións terán lugar os mércores, entre as 10:30 e as 11:00 horas, e estarán coordinadas por Edita Álvarez Silva. Esta proposta pretende achegar ao alumnado ao teatro galego clásico mediante a lectura interpretada, fomentando o uso da lingua e o gusto pola literatura.

Pódese consultar toda a información e o cartel da actividade premendo sobre a seguinte ligazón.

Redes sociais