Premio Eduemprende Idea 2025
O proxecto “Ourizo: Play Room Garden” gaña o 1º premio en Eduemprende Idea 2025
O CIFP Politécnico de Santiago está de noraboa!
Parabéns ao equipo formado por Héctor Barbeito e Isaac Rey, alumnado de 2º curso de Deseño e Amoblamento, que acadaron o primeiro premio da modalidade A no concurso Eduemprende Idea 2025 co seu proxecto “Ourizo: Play Room Garden”.
Unha iniciativa innovadora, creativa e con futuro, que amosa o talento emprendedor da nosa comunidade educativa.
🔗 Consulta a resolución oficial: https://www.edu.xunta.gal/fp/proposta-definitiva-adxudicacion-premios-eduemprende-idea-2025