Ir o contido principal

Memorias de un solterón

O martes, 6 de maio, tivo lugar a novena reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Memorias de un solterón, de Emilia Pardo Bazán.

Memorias de un solterón é unha novela escrita por Emilia Pardo Bazán no ano 1896, nun momento de plena madurez persoal e independencia da autora, totalmente entregada á literatura. Esta obra marca unha nova etapa na súa traxectoria, afastándose parcialmente do naturalismo máis estrito e encadrándose nun proxecto novelístico influenciado por Balzac, Zola ou Galdós. A novela céntrase na análise das relacións entre homes e mulleres, así como na institución do matrimonio. A través dos seus personaxes femininos, Pardo Bazán introduce as súas ideas sobre a situación da muller na sociedade da época, con especial atención ás mozas da clase media, reflexionando sobre os seus condicionantes e limitacións sociais.

Redes sociais