Ir o contido principal

Centros de Excelencia Profesional


CENTROS DE EXCELENCIA PROFESIONAL


Os Centros de Excelencia Profesional (CoVE) están a converterse nun compoñente importante da política do ensino da Formación Profesional na Unión Europea. Esta importancia maniféstase nun informe europeo de mapeo de Centros de Excelencia Profesional, no que o noso centro é citado como exemplo que "ofrece formación profesional inicial e continua, leva a cabo proxectos de innovación en campos como a robótica e a electricidade, que instalou unha casa intelixente (domótica) cunha empresa (Schneider) nas súas instalacións. Tamén conta cun laboratorio de medios audiovisuais que mereceu un premio á innovación e cuxo uso é compartido coas empresas locais. Considérase un referente de innovación na súa área e está ben conectado coas empresas próximas; non só colabora coas empresas da contorna, senón tamén con outras escolas, e tamén participa en concursos. Organízanse visitas periódicas ao viveiro de empresas local co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor."

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao mencionado documento.

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais