Visita ao viveiro do Politécnico


"Visita ao viveiro do CIFP Politécnico de Santiago do alumnado de 2º curso, dentro do programa Emprende"

O alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro visitou o viveiro de empresas, ao longo do primeiro e segundo trimestre, nos meses de decembro e xaneiro deste curso, dentro do programa Emprende. Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor, a través da presentación dos distintos programas que ofrece a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade no Plan Eduemprende.

A actividade comeza cunha charla-presentación na súa aula sobre emprendemento, os programas Actúa, Idea, Atrévete e Emprende.

A continuación o alumnado visita as instalacións do viveiro de empresas que ten a súa sede no CIFP Politécnico de Santiago e coñece as experiencias dos emprendedores que crearon a súa empresa en no mesmo.

Share this post