Visita a Viaqua


Visita a Viaqua: CM "Redes e estacións de tratamento de augas"

Hoxe, 22 de marzo, é o Día Mundial da Auga. Para celebralo onte o alumnado do grupo de CM de Redes e estacións de tratamento de augas, xunto con parte do profesorado e o director do centro, visitamos a nova sede que Viaqua ten no Polígono do Tambre: AQUAHub, a Vila da auga, onde se atopan as modernas oficinas do grupo, Cetaqua (Centro Tecnolóxico da Auga) e o almacén.

A continuación desprazámonos á ETAP do Tambre para facer a visita técnica guiada e rematamos a ACF na EDAR de Aríns, para coñecer tamén estas instalacións.

Durante toda a mañá o persoal de Viaqua, entre quen se atopaban 3 alumnos de promocións anteriores do ciclo de Redes e estacións de tratamento de augas, fóronnos explicando o funcionamento de Viaqua e súa implicación na xestión e mellora continua do Ciclo da auga.

Grazas a todo o persoal de Viaqua que participou na presentación e nas visitas técnicas: Alicia Royo (RRHH), Ana Teijeiro (Xerente Santiago e Ourense), David Permui (almacén e redes), Teresa Alvariño (laboratorio Cetaqua), Pablo Rodríguez e Pedro Gómez (persoal da rede), Diana Peleteiro (responsable ETAP), Javier e José (técnicos da ETAP), Marta Clemente (responsable EDAR), Diego Ríos e José Brea (técnicos da EDAR).

A continuación móstranse as ligazóns as correspondentes novas no xornal Galiciapress e o twitter de Viaqua.

 

 

 

Fotografías: Galiciapress

Share this post