Ir o contido principal

Visita do CEIP de Sigüeiro


"Visita do CEIP de Sigüeiro dentro do programa Eduemprende Atrévete"

Para rematar as visitas de centros participantes no Programa Eduemprende Atrévete deste curso, recibimos este pasado venres  10 de maio,  ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Sigüeiro

Para o desenvolvemento dunha das actividades, cuxo obxecto é fomentar, motivar e sensibilizar  no espíritu emprendedor, volvemos a contar coa participación de Ramón Lois, secretario da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e Xefe de Producto da empresa FINSA,  que lles falou da traxectoria da empresa FINSA e da importancia do papel e da responsabilidade das empresas en xeral e da súa en particular, para coa contorna natural  e a sociedade; por outro lado fixo incapé nas actitudes e habilidades máis importantes para o desenvolvemento do espíritu emprendedor e para enfrontar os medos e conseguir os seus obxectivos. 

Finalizaron a actividade visitando diversas instalacións como os talleres de Madeira e aulas 3d, os talleres de Automoción, aulas de Fabricación Mecánica, o viveiro de empresas, o Fogar dixital e os Laboratorios de Química.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais