EduTecEmprende


"EduTecEmprende: Visita ao CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol"

O pasado 25 de marzo o alumnado do CS de Mecatrónica industrial, réxime dual, da familia profesional de Instalación e mantemento do centro visitou o CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO de Ferrol, dentro do programa EduTecEmprende 2021-22 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

En dito centro o alumnado poido visitar a Materioteca de Galicia e experimentar distintos dispositivos de realidade aumentada, levando a cabo tarefas de mantemento de equipos industriais e procesos de pintura e vernizado.

O obxecto desta actividade é motivar ao alumnado no espírito emprendedor a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da súa contorna, así como promover a súa achega ás áreas STEM. O programa consiste na visita a empresas e centros tecnolóxicos da nosa comunidade nas que o alumnado ten a oportunidade de entrar en contacto con novas técnicas de produción e tecnoloxías intelixentes no seo da Industria 4.0.

Fotografía: CIS TECNOLOXÍA e DESEÑO

Share this post