CIFP Politécnico de Santiago
Durante o mércores, 8 de marzo, a Área de Reclutamento da Subdelegación de Defensa na Coruña participou nunha xornada de convivencia con alumnado e profesorado do noso centro. Así, profesorado e alumnado de 2º CM de instalaciones de telecomunicaciones, 2º CS Sistemas de telecomunicaciones e informáticos, 2º CS Automoción, 2º CS Automatización y robótica industrial e 2º CM Electromécanica de vehículos tiveron a oportunidade de visitar o cuartel de Dolores (o máis antigo en serviso das forzas armadas), a Fragata Cristóbal Colón F105 así como a Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña, na que foron convidados a xantar e a experimentar os diferentes simuladores de navegación cos que está dotada esta escola.
Queremos agradecer o trato dispensado ao persoal involucrado na visita.