Para iniciar o trámite de solicitude de visita a estas instalacións descarga o modelo de solicitude. Unha vez cumprimentada a solicitude, débese enviar asinada polo Director/a á dirección de correo electrónico cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal
O correo que enviedes debe enviarse dende o correo oficial do organismo solicitante
Poñer como asunto: Solicitude visita centro
O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.