Ir o contido principal

Reto Online gratuíto


Reto “Mellora a túa empregabilidade en 30 días”

Queremos presentarvos unha nova iniciativa dende a Xunta de Galicia coa experta galega en Recursos Humanos Eva Porto coa fin de axudar aos galegos e ás galegas na busca de emprego.

Consistirá nun reto de 30 días que comezará o 1 de maio co obxectivo final de conseguir un emprego. É totalmente de balde e en liña, polo que é accesible para calquera colectivo e poderá realizarase en calquera franxa horaria. Non hai ningún tipo de restrición para participar, calquera persoa, independentemente da súa idade, xénero ou estado laboral, pode participar. Cada día presentaráselles un pequeno desafío cunha duración media de 15 minutos, que poderán realizar en calquera momento do día (e, inclusive, en días posteriores, pois serán recuperables).

Durante estes 30 días tocaranse todas as ferramentas imprescindibles na busca de emprego actual: currículum, entrevista de traballo, LinkedIn, portais de emprego, formación... Ademais, farase un pequeno traballo de orientación laboral, así como de estratexias de autorregulación (habilidades de control emocional e afrontamento activo), resistencia ante a diversidade... Todas elas básicas para lograr o éxito na busca de emprego.

Tedes toda a información sobre esta iniciativa na páxina do reto: http://evaporto.com/reto-emprego-30.

Prema na seguinte ligazón para acceder ao cartel.

 
 
 

 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais