Ir o contido principal

Reseña da actividade de procura de emprego

Reseña da actividade de procura de emprego 

O xoves 18 de febreiro en xornada de mañá e tarde, a consultora especialista en Recursos Humanos da Coruña Extend impartiu senllas charlas ao alumnado de 2º ano que proximamente comezará as súas prácticas en empresa.

Ao evento, que tivo carácter voluntario, asistiron un total de 150 alumna/os e tratáronse dunha maneira práctica aspectos tan importantes como estar preparados ante preguntas comúns nas entrevistas de traballo, que dicir e que non dicir, linguaxe non verbal, aprender a redactar correctamente un curriculum e as últimas tendencias na súa presentación. Tamén se abordou, entre outros aspectos, a proliferación de ofertas de traballo na internet en prexuízo dos métodos tradicionais comentando as webs máis importantes de procura de emprego.

Os asistentes destacaron o seu carácter ameno durante as tres horas de duración xa que as relatoras facían intervir constantemente ás/os alumnas/os co obxecto de pulsar as súas inquietudes ante esta inminente proba á que terán que enfrontarse nun futuro inmediato.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais