Ir o contido principal

Presentación de "7 varas"


"Un proxecto de transporte sostible e pura artesanía galega"

O pasado xoves 28 de febrero, tivemos o pracer de que nos acompañase Adrián García, un mozo de A Laracha, creador da marca 7 Varas, bicicletas artesanais feitas de cana de bambú, personalizadas e adaptadas ás necesidades e características da clientela.

O proxecto é unha aposta pola sustentabilidade en tres direccións, elabora pezas a través dun procedemento artesanal, promove un estilo de vida saudable e un xeito de moverse sen motores nin contaminación, aproveitando unha materia prima de rápido crecemento como é o bambú, de gran abundancia tamén en Galicia.

Na súa intervención contounos os seus comenzos, as propiedades do bambú, o procedemento de fabricación e mesmo  como unha das súas bicicletas viaxou en mans de outro emprendedor, Damián Tuset, nunhas vacacións fóra do convencional percorrendo a India, un período de tensión para ámbolos dous, tal e como manifestou, pero finalmente sen incidencias, onde parte do valor de mercado  da bicicleta foi destinado á mellora das condicións das mulleres de Varanasi (Benarés).

Un claro exemplo de emprendedor, que reúne  as cualidades máis importantes para selo, perseverante, loitador, innovador e corresponsable coa sociedade e o medio ambente.

Un pracer contar con moz@s coma él!!! 

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz e unhas fotografías da xornada.

 
 
 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais