Información Xeral

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Na seguinte ligazón podes atopar información relativa ás probas de acceso:

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Convócanse axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Prazo de solicitude: do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.

Nas seguintes ligazóns podes atopar máis información e descargar este anuncio:

Co fin de non esgotar as convocatorias previstas para cada módulo profesional, poderase renunciar á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ás renuncias e baixas.

Recóllense neste apartado as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas.

O catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias pódelo descargar a continuación, corresponde ao curso 2019-2020 e sucesivos e está estructurado en dous apartados:

  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno.
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

No seguinte documento explícase o acceso e admisión á Universidade dende os ciclos superiores de Formación Profesional. Adxúntanse tamén as ponderacións das materias da fase específica para o curso 2022/2023 e as notas de corte para o curso 2021/22, ordenado por Universidade e campus.

Nota: Esta web só ten caracter informativo e está suxeita a variacións, polo que non poderá ser utilizada a efectos legais en ningún tipo de recurso.