Información relativa ao sistema de xestión da calidade implantado no noso centro.
A Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica. A continuación encontraredes información daqueles proxectos de innovación nos que participou o noso Centro e do plan de formación do profesorado.
Información relativa ás TICs (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) que se están a empregar no noso centro.
Este sistema de intercambio posibilita ao estudante incorporarse a unidades académicas diferentes, experimentar sistemas docentes distintos, enriquecer os itinerarios curriculares e desenvolver as súas capacidades en contornas sociais e culturais doutros países dentro e fóra da Unión Europea A mobilidade facilita igualmente unha oportunidade de adaptación que prepara para aproveitar mellor as oportunidades laborais e favorece a dispoñibilidade cara ao emprego ao romper o marco habitual de formación.