Ir o contido principal

BIBLIOTECA


BIBLIOTECA

A biblioteca escolar é un elemento fundamental para o proceso educativo xa que, ao tratarse dun centro activo de recursos de aprendizaxe, brinda á comunidade educativa o acceso a todo tipo de materiais co que reforzar o proceso de ensino - aprendizaxe; así como un espazo diferente das aulas para levalo a cabo. Por outra banda, proporciona ao alumnado o contacto cos libros e a lectura, elementos indispensables para a adquisición de coñecementos e de cultura.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á información xeral relacionada coa nosa biblioteca.

Os nosos fondos están xestionados mediante o Proxecto Meiga e podes acceder a eles premendo na ligazón adxunta. Queremos advertir que a páxina web á que se accede só é unha páxina de consulta e non se pode realizar ningunha xestión a través dela. Emprega para iso os accesos que proporcionamos na nosa web.

Para acceder aos fondos catalogados na nosa biblioteca deberá darse de alta como persoa usuaria a través do seguinte formulario.

Prema sobre a seguinte ligazón para proceder ao préstamo, renovación ou devolución dun fondo da nosa biblioteca:.

Neste apartado publicaremos os novos fondos, revistas e xornais adquiridos pola Biblioteca.

Relación de actividades organizadas pola Biblioteca encamiñadas ao fomento da lectura.

Dentro das actividades destinadas ao fomento da lectura, a Biblioteca coordina un club de lectura centrado na banda deseñada, de nome "Brétema".

Na Biblioteca dispoñemos de conexión WiFi para o persoal que dispoña de conta "edu.xunta.gal". Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ás instrucións para conectar o teu terminal á WiFi da Biblioteca.

A Coordinación da Biblioteca está aberta a calquera suxestión ou queixa relacionada coa súa administración ou funcionamento, polo que vos animamos a contactar con nós a través do formulario de "Suxestións, Queixas, Reclamacións ou Felicitacións" do noso Centro, indicando que o destinatario desta fonte de información é a Biblioteca.

Accede á nosa páxina da Biblioteca en Facebook.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais