Ir o contido principal

Período extraordinario de admisión a ciclos formativos

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 11 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas na correspondente ligazón da Consellería de Educación.

 Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 3 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais