Aulas de Emprendemento


"Aulas de Emprendemento: Visita a BIODAYS"

Os días 22 e 23 de setembro de 2022 o alumnado de 2º curso da familia de Química (LACC ordinario, LACC modular e LACC dual e Operacións de Laboratorio) e 2º curso de SEA (Química e Saúde Ambiental) asistiron a BIODAYS en PALEXCO A Coruña. BIODAYS é un foro de empresas biotecnolóxicas organizado polo Clúster de empresas de biotecnoloxía de Galicia (BIOGA). Neste foro o alumnado tivo contacto coas empresas e poido cotexar a oferta de empregabilidade deste sector en Galicia e en España.

    • Os obxectivos desta actividade foron:
    • Coñecer as empresas biotecnolóxicas mediante presentacións nos distintos salóns
    • Coñecer diferentes iniciativas de emprendemento
    • Experiencias innovadores de emprendedores
    • Foros de contacto alumnado- empresas

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de química.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post