Enquisas de emprendemento e igualdade

Departamento de Orientación

Nesta quincena está previsto pasar as enquisas da Coordinación de Emprendemento e da Comisión de Igualdade. Están fusionadas nun único formulario. Agradecería que lle dedicárades uns minutos a cubrila. Son anónimas e só conteñen preguntas relativas a valores de emprendemento, intención emprendedora e diagnóstico de igualdade. Para acceder á enquisa debes introducir un código de grupo.

Pinchas na seguinte dirección https://forms.gle/CJNdACqFhdCiveJWA e introduces o código que che facilitou o teu titor/a. Recoméndase o ordenador para cubrila, pero se utilizas o móbil é máis adecuada a visualización coa pantalla en horizontal.

A sinceridade é moi importante, pois doutro xeito non terían sentido as respostas e as conclusións que se extraian serán equivocadas.

Calquera solicitude de información que necesitedes envíadea ao email do Departamento de Información e Orientación Profesional: orientacion.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal.

Share this post