Ir o contido principal

O Centro

O Centro

Presentación

O CIFP Politécnico de Santiago, situado na avenida Rosalía de Castro, 133, desde 1967 acolle a diario a uns mil alumnos e alumnas que cursan estudos en seis familias profesionais: Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento, Madeira, Moble e Cortiza, Química e Transporte e Mantemento de Vehículos.

Normas de Organización e Funcionamento - NOF

Nestas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) establécense as normas específicas para o funcionamento do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, baseadas na normativa vixente. Este documento atende aos principios de eficacia e calidade na educación, de organización, respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, de prevención e tratamento das situacións conflitivas no Centro e de recoñecemento ao profesorado. Este NOF é de aplicación para toda a comunidade educativa que pertenza ao CIFP Politécnico de Santiago e poderá ser modificado cando as circunstancias así o requiran.

Plan de Convivencia

O plan de convivencia do Centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. Este plan de convivencia foi elaborado pola comisión de convivencia e aprobado polo consello social do 11 de novembro de 2022.

Plan Dixital

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

Comisión de Igualdade

Educar é proporcionar unha formación integral que lles permita a mozos e mozas unha formación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á súa vez o coñecemento e a súa valoración ética e moral. Coeducar implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo.

O CIFP Politécnico de Santiago, por medio da súa Comisión de Igualdade, manifesta o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e de xénero coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. O camiño para avanzar cara á igualdade é a educación.

Prema sobre as seguintes ligazóns para acceder ao plan de igualdade para este curso e ás novas relativas á comisión:

Guía do Alumnado

Dámosvos a benvida ao noso centro, que vai ser o voso durante os próximos dous cursos. Desexamos que esta nova etapa académica que agora comezades se converta nun referente na vosa vida profesional e que contedes coa nosa colaboración para calquera inquietude, suxestión ou problema que vos poda xurdir. Na seguinte ligazón teredes acceso á Guía do Alumnado do CIFP Politécnico de Santiago na que encontraredes toda a información relevante para facilitarvos esta nova etapa da vosa vida escolar.

Proxectos de Innovación

Os continuos e rápidos avances tecnolóxicos que se están a dar na sociedade e no mercado laboral esixen unha formación profesional en permanente evolución, integradora de novas ideas e tendencias e con capacidade para adaptarse as cambiantes necesidades do mundo produtivo. A innovación tecnolóxica na formación profesional deberá permitir a transformación do coñecemento e da creatividade na mellora de procesos, produtos ou servizos que podan supoñer un incremento da competitividade das nosas empresas, á vez que facilitará unha formación de calidade, na que galegos e galegas vexan mellorada a súa empregabilidade e as súas posibilidades de proxección e inserción profesional.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica. A continuación encontraredes información daqueles proxectos de innovación nos que participou o noso Centro.

Visita Virtual

Por medio da seguinte visita virtual accederedes a todas as dependencias do CIFP Politécnico de Santiago. Premendo sobre as distintas aulas do plano visualizaredes diferentes fotografías das dependencias do noso Centro.

Actividades

O noso Centro pretende combinar a formación reglada do alumnado con numerosas actividades complementarias e extraescolares que contribúan a crear o mellor aproveitamento académico e un entorno de aprendizaxe axeitado.

Plan Anual (só usuarios rexistrados)

A partir do plan de actuación dos centros integrados de formación profesional, cada CIFP elabora un Proxecto funcional de centro no que se establecen os obxectivos previstos e actuacións prioritarias, o sistema organizativo, os procedementos de xestión baseados nun sistema de mellora continua, as programacións didácticas e o plan de orientación profesional que incluirá, entre outros, o plan de acción tutorial. Tomando como base o Proxecto funcional, deséñase e desenvolve o Plan anual de centro, que incluirá as directrices do plan de actuación, o desenvolvemento dos obxectivos e as accións prioritarias do proxecto funcional, así como os procedementos para o cálculo dos indicadores para o cumprimento dos obxectivos, orzamento, os plans anuais dos departamentos e órganos de coordinación.

Accións de Mantemento (só usuarios rexistrados)

Para comunicar calquera incidencia de mantemento empregaránse estes formularios en lugar de comunicar directamente o problema á persoa responsable (polo momento só está activa TICS.

Información COVID-19

Empregaremos esta canle para comunicar periódicamente calquera nova que teña que ver coa pandemia na que nos atopamos inmersos.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais