O departamento de Información e Orientación Profesional ten a función de informar ao alumnado sobre temas centrados sobre toddo na inserción laboral, a mellora da empregabilidade e o acceso á formación profesional.
O departamento de Acreditación Profesionais coordina o proceso de recoñecemento e avaliación das competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento de seu traballo ou por outras vías non formais de formación.
O departamento de Calidade e Innovación coordina o deseño e implantación dos procedementos do plan de xesión da calidade e as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, entre outras funcións.
O departamento de Relación con Empresas establece as relacións coas empresas do ámbito socioprodutivo para a realización das actividades do centro integrado, a realización do módulo de formación en centros de traballo e a transferencia de innovación tecnolóxica, entre outras accións.
Comunicación de varias accións con respecto á Aula Virtual: Alta e matrícula, incidencias a resolver polo administrador ou dúbidas con respecto á súa utilización.
Mediante estas ligazóns poderemos facer chegar as nosas propostas de mellora do Sistema de Calidade e consultar as que foron propostas ata o momento. En ambos os casos deberemos identificarnos como usuarios rexistrados.