Ir o contido principal

O estudo do Canto en Santiago

O estudo do Canto en Santiago

O profesor Manuel Tojo ofreceu o concerto de graduación no Conservatorio. Estivo acompañado do Coro Amigos do centro, que tamén dirixe. É o alumno máis vello do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, onde hai 15 estudantes maiores de 30 anos (8 deles de máis de 35), e a maior veteranía está en Canto, indican no centro. A maioría comezan esta especialidade con menos de 20 anos. Para Manuel, supuxo regresar ao ensino non universitario con máis de 40 anos, despois de dúas carreiras, pois é enxeñeiro de Telecomunicacións e licenciado en Historia da Arte. Esta última xa a fixo após aprobar as oposicións para profesor de Electricidade e Electrónica de Formación Profesional, a súa profesión, que exerce no Politécnico de Santiago.

Fonte: La Voz de Galicia

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais