Ir o contido principal

CIFP Politécnico de Santiago

A oferta de estudos de Formación Profesional (FP) crece o próximo curso con 373 novas prazas distribuídas en 16 titulacións en Santiago; e 14 máis dunha titulación en Arzúa. Os datos avanzados pola Consellería de Educación indican que se mantén a forte oferta de FP dual, con outros 11 títulos: en Santiago, 5 do Compostela, 4 do Politécnico e unha do IES Lamas de Abade; e outra máis do IES de Arzúa. Estes estudos impártenos a medias con diversas empresas da zona e mesmo algunha multinacional. Esta é unha formación a medida das necesidades das empresas que se implican en formar, que dan de alta na Seguridade Social e abonan unha bolsa ao alumnado que reciben. Entre os once ciclos suman 174 prazas.

Fonte: La Voz de Galicia

Fotografía: Paco Rodríguez

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais