Ir o contido principal

A FP dual consolídase este curso con 19 grupos e 200 estudantes

A formación profesional (FP) dual, o sistema polo que centros de ensino e empresas compaxinan a capacitación para unha profesión, consolídase este curso en Santiago. Esta semana comeza para 200 estudantes, repartidos en 19 grupos, que cursarán 16 titulacións en catro centros: o Politécnico, o Compostela e os IES Pontepedriña e San Clemente. Colaboran con ata 25 empresas diferentes, algunhas con máis dun grupo.

 

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Xoán A. Soler

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais