Ir o contido principal

O Politécnico resalta a FP como «ascensor social» e pide unha maior especialización

A Formación Profesional (FP) funcionou os últimos anos como un «ascensor social» de grupos desfavorecidos e precisa unha maior especialización para avanzar. Así o defendeu José Antonio Pose, profesor do Politécnico, quen destacou o xiro positivo que supuxo o cambio nestes estudos nos últimos anos e a mellora da súa percepción social, no Palacio da Moncloa. Alí interveu ante o presidente Pedro Sánchez e outras autoridades, na presentación do novo plan estatal de modernización destes ensinos.

Joel Gómez
Fotografía: Xoan A. Soler

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais