Ir o contido principal

Galicia Skills 2018

Hoxe, 28 de novembro de 2018, da comezo GaliciaSkills 2018, quinta edición do Campionato Galego de Formación Profesional, na que participan 136 alumnos e alumnas de 52 centros educativos, que compiten en 26 especialidades.

O alumnado gañador en cada modalidade conformará o equipo que representará a Galicia no campionato SpainSkills 2019, que se celebrará en Madrid en febreiro de 2019.

Todas as competicións desenvólvense no pavillón 2 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, de 10:00 a 14:00 h as mañás do mércores e do xoves e de 16:00 a 19:00 h a tarde do mércores.

Na seguinte ligazón podes acceder á páxina da Consellería con información sobre esta inauguración, incluído un enlace para acceder á emisión en directo, realizada por alumnado e profesorado do CIFP Imaxe e Son.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais