Proxecto internacionalización


"Formación en internacionalización dos mozos e mozas españois"

O Ministerio de Educación e Formación Profesional chegou a un Acordo co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para incorporar entre os destinatarios das recoñecidas BOLSAS ICEX, a recentemente titulados de Formación Profesional de grao medio e superior.

O Proxecto ICEX Vives de ICEX España Exportación e Investimentos ten como obxectivo apoiar a formación en internacionalización dos mozos e mozas españois e, desde agora, inclúe a persoas cun título recentemente obtido de Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

As bolsas ofertan ata 2.000 prácticas formativas no estranxeiro, dirixidas a persoas tituladas universitarias e de Formación Profesional, cunha duración entre 6 e 12 meses que poderán desenvolverse, nesta convocatoria, entre xaneiro de 2023 e decembro de 2024.

A dotación económica é de entre 21.000 e 46.000 euros anuais, en función de país onde se desenvolva a práctica.

Para ampliar información pódesen consultar as seguintes ligazóns:

 

 

 

Share this post