Ir o contido principal

Hai futuro na auga

O CIFP Politécnico de Santiago xunto coa empresa VIAQUA imparten unha oferta única en Galicia con unha das máis altas taxas de inserción laboral.

O ciclo superior de Xestión da auga da resposta a unha necesidade da sociedade tan vital como a xestión responsable e eficiente dun recurso indispensable e que empregamos a diario. Con anterioridade impartiuse o ciclo de grao medio de Redes e estacións de tratamento de aguas polo que, con este novo ciclo, o alumnado afonda nas competencias relacionadas coa planificación, xestión e execución de obras nas que se dirixen equipos e se resolven continxencias.

Noticia El Correo Gallego 

Redes sociais