Ir o contido principal

FUAC


Programas de Prácticas FUAC

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización privada non lucrativa, que impulsa cursos, mestrados, prácticas en empresas, autoemprego e outros proxectos de carácter benéfico-docente, para a promoción, desenvolvemento e financiamento das actividades propias da Universidade da Coruña e as súas relacións coa sociedade.

A motivación da mocidade por comezar unha carreira profesional e a busca de talento das empresas son dous retos complementarios. Na Fundación Universidade da Coruña (FUAC) traballamos para conectar esas dúas realidades e acompañarche durante todo o proceso. É un dos obxectivos que asumimos dende a nosa Fundación en 1997 e o motivo polo que os nosos Programas de Prácticas se converteron en toda unha referencia en Galicia na xestión de recursos humanos.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao tríptico.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais