Ir o contido principal

Xornadas escolaTIC 2015

Xornadas escolaTIC 2015

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.

Prazo de inscrición:  Aínda que o prazo para asistir a escolaTIC estará aberto ata o 9 de abril, se queredes asistir a algún dos obradoiros (prazas limitadas) tedes que ter confirmada a vosa asistencia en Fprofe antes dese mesmo día.

Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.

Inscrición en www.edu.xunta.es/fprofe

Código da actividade: G1402009.

Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.

Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos os participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

Visita a web do evento

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais