Ir o contido principal

Norte de Portugal


País moi acolledor para facer un Erasmus +

E aquí remata unha fantástica etapa de formación de cinco días baixo o convenio Erasmus + que recomendo sen dúbida algunha.

Coñecer a forma de traballar de outros centros de formación profesional sempre é moi enriquecedor, pero aínda o é máis se miramos para outros países, e que menos que observar ao noso país veciño; tanto para o profesorado como para o alumnado, que ten neste país unha magnífica oportunidade de enriquecerse a nivel formativo, profesional e tamén persoal.

Serva como mostra o contacto feito cunha empresa eléctrica do norte de Portugal: Painhas, na que estarán encantados de recibir ao noso alumnado do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas e do CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

Nesta semana formativa varias cuestións me chamaron poderosamente a atención e, na medida do posible, tratarei de aplicalas á miña práctica docente e espero que tamén á práctica docente dos compañeiros e compañeiras galegas cos que estou desexando conversar á volta a Santiago.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais