Ir o contido principal

Enquisas de emprendemento e igualdade

Departamento de Información e Orientación Profesional

Nesta quincena está previsto pasar as enquisas da Coordinación de Emprendemento e da Comisión de Igualdade. Están fusionadas nun único formulario. Agradecería que lle dedicárades uns minutos a cubrila. Son anónimas e só conteñen preguntas relativas a valores de emprendemento, intención emprendedora e diagnóstico de igualdade. Para acceder á enquisa debes introducir un código de grupo.

Pinchas na seguinte dirección https://forms.gle/63mRxEUhhGvRz7Rk9 e introduces o código que che facilitou o teu titor/a. Recoméndase o ordenador para cubrila, pero se utilizas o móbil é máis adecuada a visualización coa pantalla en horizontal. A sinceridade é moi importante, pois doutro xeito non terían sentido as respostas e as conclusións que se extraian serán equivocadas.

Calquera solicitude de información que necesitedes envíadea ao email do Departamento de Información e Orientación Profesional: orientacion.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais