Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Visita á biofactoría de Reza, en Ourense - Aplicación de tecnoloxía innovadora no arranxo de tubaxes sen gabia

Título da actividade: “Visita á biofactoría de Reza, en Ourense - Aplicación de tecnoloxía innovadora no arranxo de tubaxes sen gabia”

Obxectivos da Actividade:

    • Visita á biofactoría de Reza:
      • Coñecer unha planta depuradora innovadora e as diferenzas con respecto ás plantas cun sistema tradicional.
      • Coñecer as posibilidades do uso das augas residuais para producir combustibles.
      • Comprender a revalorización dos lodos xerados nas EDAR para uso agrícola.
    • Aplicación de tecnoloxía no arranxo de tubaxes sen gabia
      • Coñecer novas tecnoloxías no arranxo de tubaxes sen gabia.
      • Descubrir vías alternativas de emprendemento para técnicas/os en montaxe e mantemento de redes de auga.

Contidos da Actividade:

O alumnado e parte do profesorado do CM de Redes e estacións de tratamento de augas, da familia profesional de Enerxía e auga, acudiu a Ourense o 18 de outubro para realizar unha actividade dobre, encadrada dentro do programa “Aulas de emprendemento”: por unha banda, visitaron ás instalacións da biofactoría de Reza e, por outra, participar no arranxe dunha tubaxe de saneamento con tecnoloxía sen gabia. En primeiro lugar, dende a sala de control da biofactoría de Reza a xefa de planta, María Sánchez, procedeu a dar unha charla acerca do funcionamento da EDAR e das particularidades e técnicas innovadoras desta biofactoría, xa que se aproveita os residuos para producir biogás que se usa na propia planta como combustible.

Logo fóronse visitando os diferentes edificios da planta onde se foi afondando nas características propias das distintas etapas do proceso.

Logo da visita á EDAR as persoas participantes desprazáronse á Avenida de Portugal onde a actividade estivo centrada no arranxo dunha tubaxe de saneamento des rúa, onde se puido comprobar de primeira man como se manexa un robot de inspección de tubaxes para o a detección de fugas nas redes de saneamento, así como o arranxo das mesmas cunha manga de fibra de vidro, sen necesidade de picar as beirarrúas nin facer gabias.

Share this post