Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Innovación e emprendemento ao servizo da reducción de fugas nas redes de auga potable

Alumnado de 1º curso do Ciclo medio de Redes e estacións de tratamento de augas (dual) participou os días 22 e 24 de novembro na aula 12 do centro e na zona do Estadio Vero Boquete (San Lázaro) na actividade formativa “Innovación e emprendemento ao servizo da reducción de fugas nas augas redes de auga potable”, cunha duración total de quince horas.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da enerxía e auga. Asistiron 15 alumn@s do centro.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional y pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

Share this post