Convocatoria dos III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
Convocatoria dos III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco | |
---|---|
![]() | A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia. |
Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades: - Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking Gaiás da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros. Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 15 de xullo. Podedes consultar a seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/fp/iii-premios-emprende-gaias-sixto-seco |